A xira dos premios Mestre Mateo polos centros con ensino audiovisual atravesou O Raio Verde para falar sobre realización. Contaron as súas experiencias os candidatos nesta categoría nos galardóns do audiovisual galego. Marcos Estebo e Diego Guerreiro por Cos pes na terra; Óscar Galansky por Ribeiras, e Gael Herrera por Qué casas! Xunto aos catro realizadores, participou na charla cos alumnos do centro compostelán a súa directora, Carmen Rábade.
Marcos Estebo – Diego Guerrero – Óscar Galansky – Gael Herrera – Carmen Rábade