Oferta de emprego na Academia Galega do Audiovisual

14 / 06 / 2024

A  Academia Galega do Audiovisual lanza unha oferta de emprego para un posto de persoal técnico adscrito ao departamento de comunicación.
A modalidade de contratación será por duración determinada a tempo completo. O período de contratación iniciarase no mes de setembro e estenderase ata o mes de decembro de 2024.

Valoraranse os seguintes puntos:
• Licenciatura / Grao en Comunicación Audiovisual e/ou Xornalismo e/ou Publicidade e Relacións Públicas.
• Experiencia laboral demostrable en postos similares dentro dos departamentos de comunicación de producións audiovisuais e/ou artes escénicas e/ou eventos e/ou medios de comunicación.
• Formación e/ou experiencia en xestión de redes sociais.
• Formación e/ou experiencia en comunicación corporativa.
• Formación e/ou experiencia demostrable na creación, gravación e posprodución de contidos audiovisuais en distintos soportes.
• Formación e/ou experiencia en deseño gráfico
• Formación e/ou experiencia en deseño web.
• Coñecemento da actualidade do sector audiovisual galego.
• Dispoñibilidade e flexibilidade horaria.
• Coñecemento doutras linguas.

É imprescindible a competencia oral e escrita en lingua galega.

FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO
Apoio nas principais tarefas de comunicación interna e externa da Academia Galega do Audiovisual:

• Cobertura de actos públicos e eventos organizados pola Academia.
• Elaboración de notas de prensa e boletíns.
• Elaboración de contidos para as páxinas web da institución.
• Dinamización da presenza da Academia nas redes sociais.
• Deseño de material gráfico.
• Elaboración de memorias de comunicación das diferentes actividades organizadas pola Academia.

REMUNERACIÓN
A persoa seleccionada nesta convocatoria recibirá o seguinte salario bruto mensual: 1.628,75€

PRAZO DE RECEPCIÓN DE CANDIDATURAS
As persoas interesadas na oferta deberán enviar un correo electrónico a info@academiagalegadoaudiovisual.gal cos seguintes documentos:
• Curriculum Vitae.
• Carta de motivación.
• Portafolio que amose os principais traballos realizados de acordo co perfil da praza coas súas correspondentes ligazóns para poderen ser visualizados, ben a través da rede (páxina web, Youtube, Vimeo…) ou ben a través dun hosting (Google Drive, Dropbox, OneDrive, Mega…). No caso de que as pezas audiovisuais se suban a un hosting, prégase que a calidade non supere os 720p e sexan en formato .MKV ou .MP4 e que as creacións realizadas con programas de deseño gráfico se presenten en .PDF ou .JPG.
O peso máximo total dos 3 arquivos anexos non pode superar os 20 MB

O prazo de recepción de candidaturas estará aberto dende o 14 de xuño ata as 14:00h do venres 28 de xuño de 2024.
As persoas candidatas que superen a primeira fase de selección serán citadas a unha entrevista telemática.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: