VIII edición dos Premios María Luz Morales

8 / 04 / 2024

A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas convocan os VIII Premios María Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual para premiar a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual. As persoas interesadas en participar poden presentar os seus ensaios escritos e/ou os seus videoensaios sobre temática galega ou internacional dende hoxe ata o 8 de setembro de 2024 a través do correo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal.

Os María Luz Morales constan de catro categorías: Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego, Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional, Mellor videoensaio sobre audiovisual galego e Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional. O traballo gañador en cada unha delas recibirá un trofeo conmemorativo e 1.200 euros. 

Os premios,  que contan co apoio das Deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, naceron en 2017 para estimular a produción de ensaio e videoensaio en lingua galega e para reivindicar a figura da escritora e xornalista María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona 1980).

Bases VIII edición en galego | Bases VIII edición en castelán | Edicións anteriores

Fotografía: Andrea Morandeira

Etiquetas: