II Foro da Industria Galega do Audiovisual – FIGA

Nos últimos anos as producións da industria audiovisual galega están obtendo unha repercusión inédita fóra das nosas fronteiras. Algunhas destas obras acadan importantes recoñecementos sendo o galego o idioma da súa versión orixinal.

Na Academia Galega do Audiovisual queremos abordar en profundidade o extraordinario deste fito histórico cunha maior perspectiva e contexto e por iso propoñemos “A Lingua” como tema central da segunda edición do Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA).

“FIGA: Lingua e Audiovisual” é o título destas xornadas que teñen como obxectivo valorar o estado actual e debater os retos de futuro que afectan ao sector en Galicia dende a perspectiva da intersección entre a diversidade lingüística e o medio audiovisual.

Xoves 7 de novembro
Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados.

Apertura

10:00 – 10:15 horas

I .Recuperando a poboación moza e infantil, repensando a televisión.

Narrativas para redes e público mozo e milenial

10:15 – 11:30 horas

Judith de Argila, responsable do Departamento de contidos dixitais e transmedia e creación de comunidades de 3Cat.

Modelos de programación en linguas propias para a poboación moza na televisión pública.

11:30 – 12:30 horas

Modera: Lídia Gómez, sociolingüista.

Interveñen:

Daniel Hernández, Director de Estratexia de 3Cat.

Fernando Ojea, Director de Contidos da CRTVG.gal e Secretario Xeral de CIRCOM-Regional.eu

José Luis Blanco, Director de Programación de EiTB-Euskal Telebista/Primeran.

Referentes renovados, entre o videoclip, a curta de autor e as serialidades web.

13:00 – 14:15 horas

Modera: Marta Gómez, xornalista.

Interveñen:

Adrián Canoura, realizador de videoclips, cine experimental e formatos contemporáneos.

Andrea Villa, programadora do Carballo Interplay.

Marta Cruañas, produtora en Canadá.

II. A accesibilidade é diversidade: da produción ao subtitulado.

Pensar a accesibilidade audiovisual na práctica

16:00 – 17:15 horas

Pablo Romero, profesor de tradución e lingüística na Universidade de Vigo.

Tradución Cultural no audiovisual: dobrar e subtitular dende galego e ao galego

17:15 – 18:30 horas

Modera: Teresa Veiga, coordinadora do Máster en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo.

Interveñen:

Charo Pena, actriz, directora de dobraxe e adaptadora de textos audiovisuais.

María Suárez, tradutora audiovisual.

Samuel Solleiro, tradutor audiovisual e literario.

Venres 8 de novembro
Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas.

III. As nosas linguas no mercado audiovisual.

Estado no estado: produción, circulación e audiencias das linguas propias no audiovisual en España.

10:00 – 11:00 horas

Fernando Redondo, investigador no Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela.

Serialidade e circuitos de VoD.

11:30 – 12:45 horas

Modera: Irene Pin, directora e guionista.

Intervén Dalibor Matanic, guionista e director da serie “O derradeiro artefacto socialista”.

Serialidade e audiencias en televisión e circuitos VOD.

12:45 – 14:15 horas

Modera: Ana Isabel Rodríguez, Decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Interveñen:

Asier Urbieta, director da serie “Altsasu”.

Ghaleb Jaber Martínez, creador da serie “Motel Valkirias”.

IV. Estratexias de produción e financiación.

As linguas na coprodución: estratexias de financiación e distribución.

16:00 – 17:30 horas

Conversa entre Ana Viñuela, profesora de cine e audiovisuais na Universidade Sorbonne Nouvelle – Paris III e Beli Martínez, docente e produtora en Filmika Galaika.

Sábado 9 de novembro
Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual.

V. Cada filme co seu público.

Distribuír, exhibir e facer circular na diversidade.

10:15 – 12:00 horas

Modera: María Soliña Barreiro, docente de Comunicación Audiovisual e Publicidade na Universidade de Santiago de Compostela.

Interveñen:

Alfonso Blanco ‘Fosco’, director de Portocabo.

Milo Baños, xerente da distribuidora Baños Films.

Sonia Abbas, xefa de distribución nacional en Begin Again Films.

Novas experiencias de distribución audiovisual na rede.

12:30 – 13:15 horas

Jessica Izquierdo, coordinadora do Observatori de Continguts i Plataformes mediàtiques da Universitat Jaume I.

Escribir, dirixir e interpretar: Como abordar a diversidade?

16:00 – 18:30 horas

Modera: Xela Armas, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística.

Interveñen:

Araceli Gonda, guionista.

Lidia Veiga, actriz.

Paula Cons, directora.

Pepe Coira, guionista.

Rosa Moledo, asesora lingüística das series “Fariña” e “El caso Asunta”.