Encontros Mestre Mateo en Noia

17 / 03 / 2015

Os directores de fotografía Fran Piñeiro e Marcos Budiño, candidatos aos Mestre Mateo por Angrois no esquecemento, e Alberte Branco (AEC), candidato pola fotografía de Os fenómenos, explicaron aos alumnos do IES Virxe do Mar, de Noia, algunhas das súas experiencias na dirección de fotografía, os cometidos deste labor e cales son as principais características deste traballo e algunhas das posibilidades para acometelo. Os tres responsables de fotografía foron presentados por Montse Pernas e responderon ás preguntas dos alumnos do centro que conta na súa oferta educativa con especialidades da rama de comunicación, imaxe e son.

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Categoría: Novas
Etiquetas: