Noia, Santiago, Ourense, Lugo e Vigo son as poboacións polas que este ano viaxan os Encontros Mestre Mateo. Nun centro educativo de cada unha delas os profesionais do audiovisuais galego explicarán aos alumnos os pormenores dos traballos polos que son candidatos para os premios Mestre Mateo que se resolverán na gala do vindeiro mes de abril. A rolda de encontros cos alumnos comeza polo IES Virxe do Mar, en Noia. A charla terá como argumento central o traballo da Dirección de Fotografía. Falarán cos alumnos Alberte Branco, coñecido como Bertitxi, responsable deste traballo en Os fenómenos e os directores de fotografía de Angrois no esquecemento, Fran Piñeiro e Marcos Budiño. Luns, 16 de marzo.
No centro O Raio Verde, de Santiago, falarase da realización. Participarán Diego Guerrero e Marcos Estebo, realizadores de Cos pés na terra, Gael Herrera, Que casas!, e Óscar Galansky, realizador de Ribeiras. Martes, 17 de marzo.
A seguinte parada na xira de Encontros Mestre Mateo. No CIFP A Farixa, para falar da Dirección de Produción. Participarán Álex G. Loisa, Era visto!, Toni Veiga, de Schimbare, e Xabier Eirís, de Casa Manola. Os Encontros Mestre Mateo, continuarán o vindeiro xoves na Fundación TIC, en Lugo para falar das longametraxes candidatas. Tamén viaxarán a Vigo, con dobre cita no colexio Marcote, a Egaci e no IES Audiovisual. A rolda finalizará na Escola de Imaxe e Son da Coruña falando das longas de animación.