#DigochoEu, o videoclip Figa de Tanxugueiras e o documental O Gran Camiño, premiadas no Encontro de Finalistas dos Mestre Mateo

7 / 03 / 2022

Despois dun ano de parón pola crise sanitaria, o venres 4 de marzo tivo lugar o tradicional encontro de finalistas dos Premios Mestre Mateo. Unha cita que se celebrou no Nordés Club Empresarial da Coruña.

Durante o acto entregáronse tres galardóns que, en palabras de Óscar Cruz, membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, recoñecen alén das cualidades técnicas e artísticas, “outras que tamén son intrínsecas ao noso sector e van máis aló do que coñecemos por audiovisual”. Ler máis.

Categoría: Novas
Etiquetas: