Sesión final do Obradoiro ‘Cineclube. Novos Programadores de Cinema Galego’

19 / 06 / 2019

Onte tivo lugar a derradeira sesión do obradoiro Cineclube. Novos programadores de cinema galego no que puxemos en contacto ao alumnado de centros de primaria e secundaria de Galicia co talento audiovisual galego. Con esta actividade contribuimos á creación de novos públicos, así como a fomentar o debate e a reflexión a partir do visionado de imaxes.

O CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro acolleu unha celebración arredor do cinema exclusiva para alumnado, nais e pais e docentes do centro, que se dividiu en dúas sesións programadas polas rapazas e rapaces que asistiron ao obradoiro: unha de 35 minutos de duración para público de 3 a 7 anos e outra de 50 minutos de duración para público de 8 a 12.

Os cineastas Álvaro Gago e Bruno Martínez e o docente Xurxo Tourís Otero asistiron en representación dalgunhas das curtametraxes proxectadas. Estiveron acompañados polo docente da actividade, o noso asociado Jorge Rivero, programador de curtametraxes e director e programador do Festival Internacional de Curtas Infantís de Galicia, PequeFilmes. El foi a persoa encargada de acompañar ao alumnado de Cineclube. Novos programadores de Cinema Galego do CEIP Camiño Inglés nos visionados, debates e selección de obras que formaron parte da proxección de final de curso, ao tempo que asesorou na planificación e produción da xornada, o deseño de materiais de comunicación e a presentación do evento.

Categoría: Novas
Etiquetas: