DATA E LUGAR:
Venres 9 de Novembro de 16:00h a 22:00h.
Sábado 10 de Novembro de 10:00h a 20:00h.
Centro Cívico Cidade Vella.
Rúa de Veeduría 2, 15001. A Coruña.
PREZOS:
Público xeral: 150€
Socias e socios de AGAG e CREA: 75€
Socias e socios da Academia Galega do Audiovisual: Gratuito.
Un novo xeito de narrar precisa de novos profesionais. Estamos vivindo o nacemento dunha forma de expresión audiovisual, na que os procesos de desenvolvemento, produción, distribución e exhibición aínda están nunha fase experimental. Son as propias creadoras e creadores de contidos os que, coas súas obras, van explorando este camiño e definindo as súas múltiples posibilidades: campañas publicitarias, branded content, educación, turismo, videoxogos, etc.
O crecemento de festivais adicados exclusivamente aos contidos 360 e de Realidade Virtual (VR) e as recentes incorporacións de seccións específicas nos eventos máis importantes do mundo (Annecy, Berlinale, Cannes, CPH:DOX, IDFA, MIPTV, Sundance, Toronto International Film Festival e Tribeca FF) son o reflexo dunha situación actual que se traduce no aumento de creadores, no incremento da calidade das obras e no crecente interese suscitado tanto na industria como no público. A tendencia que se confirma nestes eventos é que o foco na actualidade do 360/VR, e nun futuro próximo, está no documental e a narración ficcionada.
O obradoiro de Creación e deseño de contidos en 360/VR para narrativas de ficción e documental ofrecerá a posibilidade aos asistentes de introducirse dun xeito teórico e práctico no mundo da imaxe real en 360º e da imaxe VR de xeito interactivo. Coñeceremos as técnicas e as claves do deseño de contidos para un novo entorno que nada ten que ver coa narrativa audiovisual tradicional, na que é o espectador, e non quen dirixe, o que move a cámara.
“Creación e deseño de contidos en 360/VR para narrativas de ficción e documental” tamén ofrecerá un achegamento ás principais ferramentas e ás tendencias narrativas actuais. Dirixido principalmente a profesionais do sector audiovisual e desenvolvedores de contidos, os asistentes deseñarán e realizarán un proxecto en conxunto aplicando os coñecementos adquiridos durante o obradoiro. Tamén participarán nunha sesión de visionado dunha selección de obras destacadas de realidade virtual.
Todo o material técnico e software necesario para o desenvolvemento do obradoiro, así como os dispositivos de reprodución 360/VR para a sesión de visionado, serán proporcionados pola organización.
ORGANIZA: Academia Galega do Audiovisual
Co apoio de Concello de A Coruña
E a colaboración de AGAG e CREA
Venres 9 de Novembro
De 16h a 22h
1. Introdución á cultura da imaxe inmersiva.
2. Visionado das obras máis representativas que participaron recentemente en diferentes festivais internacionais de VR.
3. Storytelling e Laboratorio de técnica avanzado
Sábado 10 de Novembro
De 10h a 20h
1. Son binaural, con audición de obras destacadas.
2. Storytelling e Laboratorio de tecnica avanzado.
3. Obradoiro Realidade Virtual
TOÑO CABANELAS
Bermudas Land (EFTI, IED, SAE)
Enxeñeiro audiovisual, experto en artes dixitais, computación 3D e especialista no deseño de experiencias interactivas. Cunha traxectoria profesional de máis de 15 anos no mundo da realidade virtual e aumentada, dirixiu e colaborou en proxectos para compañías como Apple, Samsung, Fundación Telefónica e Inditex, entre outras.
Fundador e director de Bermudas Land, un laboratorio de innovación para realidade mixta e intelixencia artificial distinguido en 2017 co premio Samsung Innovation Project.