85 ARTISTAS E TÉCNICOS E MÁIS DE 40 EMPRESAS AUDIOVISUAIS CELEBRAN A FESTA DOS NOMINADOS

28 / 05 / 2004

Será o vindeiro venres día 4 de xuño cando se dean cita no Cine Capitol de Santiago (rúa Concepción Arenal 5) os 85 artistas e técnicos e as 43 Productoras e medios de comunicación audiovisual nominados para os “Premios Mestre Mateo 03” que un ano máis organiza a Academia Galega do Audiovisual. Será na “Festa dos Nominados”. 85 ARTISTAS E TÉCNICOS E MÁIS DE 40 EMPRESAS AUDIOVISUAIS CELEBRAN A “FESTA DOS NOMINADOS”

A Academia Galega do Audiovisual ultima os preparativos da “Gala dos Premios Mestre Mateo

Será o vindeiro venres día 4 de xuño cando se dean cita no Cine Capitol de Santiago (rúa Concepción Arenal 5) os 85 artistas e técnicos e as 43 Productoras e medios de comunicación audiovisual nominados para os “Premios Mestre Mateo 03” que un ano máis organiza a Academia Galega do Audiovisual. Será na “Festa dos Nominados”, un acto que ademais de implicar un sentido lúdico, supón un encontro dos profesionais do medio para render a merecida homenaxe a tódolos nominados, polo mero feito de selo. Será o día 26 de xuño cando se saiba quen son os únicos gañadores de cada unha das 25 categorías establecidas nas Bases dos Premios, xa que é ese día cando se celebra a “Gala dos Premios Mestre Mateo 03” que está xa ultimando a Academia. É o 18 de xuño cando remata o prazo da segunda rolda de votacións, da que sairán estes gañadores.

Á “Festa dos Nominados”, ademais dos directamente ‘afectados’ polo nomeamento e que alí recollerán o documento que así os acredita, asistirán tamén outros moitos profesionais e representantes de empresas audiovisuais, así coma representantes institucionais.

Longametraxe, Película para TV, Serie de TV, Programa de TV, Director, Realizador, Dirección de Producción, Dirección Artística, Fotografía/Iluminación, Maquillaxe/Perruquería, Interpretación Masculina, Interpretación Feminina, Actor de reparto, Actriz de reparto, Comunicador de TV, Banda Sonora, Guión, Montaxe, Son e Deseño de Vestiario, son as 20 categorías que elixiron os socios da Academia Galega do Audiovisual, de entre as 25 que están estipuladas no conxunto dos “Premios Mestre Mateo 03”. O número de nominados por categoría é de 4, malia que nalgúns casos ascende a 5 por mor do empate de votos. Igualmente, son 4 os nominados en cada unha das 5 categorías que elixíu o Xurado, anque tamén o número supera nalgúns casos esta cantidade por seren os traballos presentados coproduccións. Mellor Documental, Mellor Producción Multimedia, Mellor Curtametraxe de Ficción e Mellor Curtametraxe de Animación, foron as categorías elixidas polo Xurado.

Ademais destas categorías, son 3 os premios directamente seleccionados pola Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual: o Premio Revelación “Chano Piñeiro” –ó profesional nóvel en calquera das categorías-, o Premio Especial “José Sellier” –á traxectoria empresarial ou institucional-, e o Premio de Honra “Fernando Rey”, á traxectoria profesional.

Etiquetas: