39 CURTAS DE TODO O MUNDO PARTICIPARÁN NAS PROXECCIÓN DE OFESTIVALON 2010

20 / 07 / 2010

Entre os seleccionados, 21 pertencen a fición, 9 a documental e 9 a animación e hai pezas procedentes de Reino Unido, Italia, EEUU, Polonia, Israel, Francia, Rusia, Rumanía, Turquía e Argentina.

OFestivalON 2010 exhibirá 39 curtas procedentes de diversos países os días 29, 30 e 31 de xullo en Ribadeo. Entre máis de cincocentas obras que participaron na preselección deste festival, as escollidas, por categoría, son 21 de ficción, 9 de corte documental e 9 de animación. Destacan títulos como Rodilla, Marina ou Amona Putz / Avoa Inchable, na primeira das categorías, mentres as curtas de animación acollen títulos como A nena que tiña unha soa orella, Neggy coñece a Sammy, Pigeon Impossible ou Tomato Story. Finalmente, entre as curtas documentais podemos atopar Con Sandra, El tránsito ou Retrato. Así, a diversidade de culturas que participarán nesta edición do festival deixan, unha vez máis, patente como se está a traballar en materia de curtametraxes a nivel nacional e internacional, grazas ás proxeccións que forman parte desta iniciativa.

Estas pezas formarán parte da Sección Oficial de OFestivalON, que consiste en diversas proxeccións na rúa –no Cantón dos Moreno- e no Cine Teatro durante os tres días que dura o festival de curtametraxes e que ademais competirán por categorías para levarse o título de mellores curtas e o premio final de 1.200 euros. Os galardóns que se darán na gala final do sábado 31 de xullo son os seguintes:

  • Misto de Pau de Sabugueiro á Mellor Curta de Ficción.
  • Misto de Pau de Castiñeiro á Mellor Curta de Animación.
  • Misto de Pau de Carballo ó Mellor Documentario.
  • Misto de Pau de Loureiro á Mellor Curta elixida polo Público.
Categoría: Novas
Etiquetas: