Os Encontros Mestre Mateo fixeron parada na escola de imaxe e son da Fundación TIC, en Lugo. Na charla cos alumnos participaron os candidatos Antonio Caeiro de A volta dos nove, Marcos Nine director de A viaxe de Leslie e Jaione Camborda, candidata por guión en Os Fenómenos e pola dirección de arte en O ouro do tempo. Na presentación da mesa redonda na que os tres candidatos falaron das súas experiencias coas obras aspirantes aos Mestre Mateo sumouse tamén o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.
O vindeiro luns continuarán os Encontros en Vigo, con dobre cita. Na Escola de imaxe e son de Vigo e a EGACI participarán candidatos das candidaturas de spot publicitario e curtametraxe. Jairo Iglesias por Todo vuelve a empezar, Xacio Rodríguez Baño por Ser e voltar, Ángel Manzano por Tupper, J. A. Blanco por Vendese. Baixo Prezo. Pouco uso, e Luís Avilés por Unary. De tarde, o Encontro terá lugar no IES de Audiovisual vigués. Nesta cita participarán candidatos nas categorías de son e musica orixinal, Alfonso Couceiro, por Serramoura, Rafa Prieto por A Esmorga, e Piti Sanz por Os Fenómenos.
Esta edición dos Encontros finalizarán o vindeiro martes na Escola de imaxe e son de A Coruña coa participación de candidatos das longametraxes de animación. Chelo Loureiro, produtora en A tropa de trapo na selva do arco da vella, e Juan Galiñanes, director de Noite ¿de paz? Holy Night!