20 CURTAS COMPITEN NO CURTAS FILM FEST XACOBEO 2010

21 / 10 / 2010

Vinte curtametraxes foron seleccionados para competir no XXXVIII Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, Curtas Film Fest Xacobeo 2010 que comezou o pasado martes 19 e durará ata o sábado 23 de outubro na localidade pontevedresa organizado polo Liceo Casino, con múltiples apoios institucionais.

 

Este ano, o programa reduciuse en relación a súa última edición celebrada en 2009. O exe central de Curtas Film Fest Xacobeo 2010 é a súa sección competitiva de curtametraxes, para a que foron seleccionados 20 finalistas que se exhibirán no Salón de Actos do Liceo Casino hoxe día 21 e mañá día 22 de outubro, a partir das 17.00 horas. A sobras optará na un premio á mellor curta, á mellor curta en V.O. en galego, á mellor curta de animación, ao mellor realizador novel, a mellor interpretación e un premio especial do público. Así mesmo, o xurado poderá crear outros premios ou mencións honoríficas.

 

A gala de clausura e entrega de galardóns de Curtas Film Fest Xacobeo 2010 terá lugar o sábado 23 de outubro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, nun acto ás 21.00 que presentará Araceli Saavedra e que contará con espectáculos de danza, a actuación de Rosa Cedrón eu n monólogo de Carlos Blanco.

Categoría: Novas
Etiquetas: