O galardón que recibe Jorge Coira á Mellor Dirección consolida o éxito da premiere mundial de ‘18 comidas’. O prestixioso premio foi otorgado polo Xurado Internacional composto por Dieter Kosslick (Director do Festival Internacional de Berlín), Isabel Coixet (directora), Alice Braga (actriz), Enrico Lo Verso (actor) e Samir Farid (crítico de cine).
‘18 comidas’ é unha produción de TIC TAC e ZIRCOZINE coa participación de Televisión de Galicia, o apoio da Axencia Audiovisual Galega, a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, o Consorcio Audiovisual de Galicia y o patrocinio de Xacobeo 2010.
Unha produción moi especial na que os actores traballaron a partir de técnicas de improvisación con excelentes interpretacións. Reparto por orden de aparición: Luis Tosar; Fede Pérez; Víctor Fábregas; Esperanza Pedreño; Pedro Alonso; Nuncy Valcárcel; Camila Bossa; Juan Carlos Vellido; Xosé Barato; Cristina Brondo; Milan Tocinovski; Sergio Peris – Mencheta; Víctor Clavijo; María Vázquez; Ricardo de Barreiro; Xosé Manuel Olveira “Pico” e Antonio Mourelos.
Trailer con subtítulos en español
BREVE SINOPSE
¿Cántas historias poden ocorrer durante unha comida, nunha cea, nun almorzo…?
24 personxes… 6 historias…
….18 comidas
‘18 comidas’ é unha película que viaxa a través de dezaoito comidas –entre almorzos, comidas e ceas- que nos fan partícipes dalgúns deses momentos que poden mudar unha vida. Seis historias ao longo dun único día de fición.